+0034 986 551 107 / fax 986 527 291 cofradia.illadearousa@gmail.com

A OPP20 levou o Marisco e as Algas de A Illa FEIRA SALIMAT ABANCA baixo o lema un mar de tradicións e sabores.

Así, colaborou o pasado 3 de xullo na programación de catas e degustacións de produtos do mar de Galicia organizadas pola Consellería do Mar no stand da Xunta de Galicia na Feira Salimat 2022.

Baixo o nome de “GALICIA SABE AMAR: MARISCO E ALGAS DE A ILLA, UN MAR DE TRADICIÓNS E SABORES”, a Organización de Produtores de marisco e cultivos mariños da provincia de Pontevedra, puxo en valor o traballo dos seus produtores e produtoras da man do seu Presidente, Juan José Rial Millán e do vídeo elaborado para a ocasión “Un mar de tradicións e sabores”.

Os produtos seleccionados para a degustación foron a ameixa rubia e o longueirón na parte dos mariscos, e o codium e o wakame en canto a algas. A ameixa rubia é unha das principais especies de marisco comercializadas pola OPP e tamén das máis valoradas, mentres que o longueirón é un vello coñecido que está pouco valorado, e que a organización quere destacar grazas a este tipo de actos.

+info: NOTA DE PRENSA OPP20

Esta medida está enmarcada no PPeC 2022 da OPP20, cofinanciado polo FEMP e pola Xunta de Galicia.