Salimat 2023
8 de XUÑO, 16:30h
Stand Xunta de Galicia
Consellería do Mar
Degustación a cargo de Emma Pinal (Gastrobar o Birrán) Marisco e Algas de A Illa, un Mar de Tradicións e Sabores: ameixa babosa e carneiro.
AMEIXA BABOSA
Normalmente máis pequena que a ameixa fina e más alongada. É doado de recoñecer de acordo coa súa morfoloxía externa, máis cadrada. Só se lle marcan as estrías lonxitudinais (as concéntricas) e non as radiais, ao contrario que a ameixa fina. O seu sabor e textura é moi similar á ameixa fina e admite os mesmos tipos de presentación.
CARNEIRO
Tamén chamado escupiña, aseméllase a primeira vista ao berberecho. Caracterízase polo seu gran tamaño. A súa cuncha é moi grosa, e as súas estrías concéntricas moi pronunciadas. Xeralmente, a súa cor é parda.
WAKAME
Cun sabor algo mariño pero non moi forte, as súas follas son algo carnosas e ten unha textura suave.
CODIUM
Posúe un intenso sabor mariño, que, sobre todo en fresco, recorda ó do percebe. De aí que se lle chame “alga percebe”.
KOMBU
De follas resistentes non flexibles cor verde oscuro a marrón escuro e olor característico, posúe sabor amargo e salado.
Degustación SALIMAT 2023
A cargo de Emma Pinal de Gastrobar O Birrán
<Carneiro con ensalada de wakame e crocante de Pan de Cea>
<Ameixa babosa, crema de faba de Lourenzá, kombu e codium>
Acción incluída no PPeC da OPP20 2023