+0034 986 551 107 / fax 986 527 291 mariscodeailla@opp20.com

A OPP20 dá a coñecer a tapa mellor valorada polo público e as dúas persoas gañadoras dos lotes de Marisco de A Illa

A IV edición de O Mar en Tapas xa ten gañadores. Tras o reconto das valoracións realizadas polo público durante as dúas xornadas da iniciativa, «Ameixas Mar e Terra», de Restaurante Churrasco Con do Sol, foi elixida mellor tapa de O Mar en Tapas 2026.

O público foi o encargado de decidir a proposta gañadora puntuando as diferentes elaboracións degustadas nos dez establecementos participantes.

Ademais, xa se realizou o sorteo dos dous lotes de Marisco de A Illa entre as persoas participantes na votación. As persoas gañadoras son Agustín Núñez e Mabel Acuña, coas que a OPP20 se poñerá en contacto proximamente para facer entrega dos seus premios.

A OPP20 felicita ao Restaurante Churrasco Con do Sol e ás dúas persoas gañadoras do sorteo e agradece, unha vez máis, a implicación dos dez establecementos e de todas as persoas que participaron nesta cuarta edición.

O Mar en Tapas é unha acción desenvolvida pola OPP20 no marco do seu Plan de Produción e Comercialización, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), e conta coa colaboración do Concello da Illa de Arousa.