
O marisqueo é parte da historia da Galicia costeira, parte da súa tradición.
A Illa de Arousa, enclave marítimo de fermosa paisaxe, agocha nos seus areais e nas súas augas o manxar galego por excelencia.
Ameixas, berberechos, camarón ou navallas, son algúns dos exquisitos alimentos que a OPP20 recolle cada día para desfrute dos padais máis esixentes.
Son fonte de iodo, teñen un alto contido en ferro e posúen proteínas de alto valor biolóxico. Isto unido á súa doada dixestión e á baixa porcentaxe de graxas que conteñen, fan deles un compoñente ideal nunha dieta saudable.
Marisco de A Illa, Tradición Saudable.
A campaña de promoción “Marisco de A Illa, Tradición Saudable” foi una acción enmarcada no Plan de Producción e Comercializaión da OPP20, financiada polo FEMP e Xunta de Galicia. A presentación da campaña tivo lugar o pasado 10 de setembro de 2020.
marisco de a illa,
UNHA TRADICIÓN SAUDABLE
A OPP-20 é unha organización adicada ao marisqueo e acuicultura, constituída co obxectivo de fomentar a extracción dos recursos mariños vivos dunha forma responsable e sostible.
A campaña de promoción “Marisco de A Illa, Tradición e Saudable” é cofinanciada polo FEMP e XUNTA DE GALICIA, e unha acción enmarcada no PPeC da OPP-20.
A finalidade deste iniciativa é a de promocionar o consumo de marisco de A Illa de Arousa, extraído pola OPP20, a través da colaboración cos seus clientes principais, o sector da restauración, promovendo o turismo gastronómico en Galicia en base á tradición e á saúde asociadas ó noso produto.
Nesta colaboración coa restauración galega, centra os seus obxectivos en tres dos produtos máis característicos da nosa costa: ameixa rubia, ameixa babosa e camarón.
un manxar PARA A túa saÚDE

AMEIXA RUBIA
A nosa ameixa rubia destaca pola tersura da súa carne, o que fai ideal para calquera tipo de guiso.

AMEIXA BABOSA
A ameixa babosa dos nosos areais é moi apreciada polo seu sabor, sobre todo se se fai á mariñeira.

CAMARÓN
A calidade do camarón da Illa fai que simplemente cocido, constitúe un prato delicioso.

ORGANIZA

COORDINA

FINANCIA

FINANCIA
