marisco e algas de a illa,
un mar de tradicións e sabores
“Un Mar de Tradicións e Sabores” é a proposta da OPP20 para a súa participación na Feira SALIMAT 2022 co obxecto de poñer en valor o Marisco e as Algas de A Illa, coa marca Marisco de A Illa como bandeira, e os selos PescadeRías – PescaEnVerde e Craega como garantías de sustentabilidade da actividade marisqueira da OPP.
A posta en valor dun oficio fortemente arraigado na Illa de Arousa, que é TRADICIÓN.
marisco e algas de a illa,
salimat 2022
A participación de Marisco e Algas de A Illa en SALIMAT permitíu poñer en valor o marisqueo da Illa de Arousa, e da man da cociñeira galega Emma Pinal (Gastrobar O Birrán) puidéronse degustar longueirón e ameixa rubia, así como wakame e codium, todos procedentes da OPP20.
A calidade duns produtos que aportan SABORES esenciais á gastronomía galega.
Longueirón en allo verde de codium
Arroz de ameixa rubia con wakame