
O SEGREDO DO BO GASTRÓNOMO
Campaña de Promoción 2022
Marisco de A Illa forma parte da tradición gastronómica da nosa terra.
Toda persoa que nos visita e proba este delicioso manxar non é quen de esquecer esa pracenteira experiencia…, e quere volver.
Volve! Este ano, o alumnado das escolas de hostalería de Galicia coñecerán o Marisco de A Illa sorprendéndose con sabores nunca imaxinados que formarán parte dos seus recordos para sempre.
Pero coidado, porque só serán quen de logralo aquelas persoas que saiban descifrar o segredo mellor gardado: o punto exacto de conxunción entre tradición e innovación.

PROMOCIÓN EN RRSS E MEDIOS DE COMUNICACIÓN
ACTOS NAS ESCOLAS DE HOSTALERÍA DE GALICIA
O cociñeiro Adrián Albino do restaurante Niño Corvo será o encargado do desenvolvemento das clases maxistrais de cociña con Marisco de A Illa (ameixa rubia, longueirón vello e camarón) así como coa alga codium tamén recolectada pola OPP20.
18 de novembro de 2022 – Clase maxistral na Escola de Hostalería Paseo das Pontes (A Coruña).
21 de novembro de 2022 – Clase maxistral no Centro Superior de Hostalería de Galicia (Santiago) e inauguración oficial da campaña 2022.
5 de decembro de 2022 – Clase maxistral na Escola de Hostalería de Vilamarín (Ourense).
Promoción enmarcada no PPeC 2022 da OPP20.