+0034 986 551 107 / fax 986 527 291 cofradia.illadearousa@gmail.com

Marisco e Algas de A Illa, sostibles e ecolóxicos é unha aposta da OPP20 por poñer en valor a actividade que realizan os seus produtores e produtoras, así coma os produtos que extraídos durante a mesma.

O marisqueo é unha actividade con ampla tradición en Galicia, que nas últimas décadas se vén profesionalizando cada vez máis de forma que se conseguiu acadar unha actividade totalmente sostible e respectuosa co medio ambiente.

O selo PescaEnVerde certifica que todos os produtos comercializados pola OPP20 teñen unha baixa pegada de carbono, e polo tanto non teñen impacto negativo sobre o medio ambiente. A actividade desenvolvida polos membros desta organización é sostible e a ecoetiqueta PescaEnVerde así o certifica.

Do mesmo xeito, nunha época en que todo o ecolóxico está de moda, as algas que recollen os mergulladores da OPP20 están certificadas polo selo CRAEGA de agricultura ecolóxica, o que as converte nun alimento totalmente natural.

Así, os produtos da OPP20 son totalmente sostibles e ecolóxicos, polo que clientes e consumidores poden estar totalmente seguros de que o marisco e as algas de A Illa son produtos que garanten a responsabilidade dos seus produtores e produtoras coa sustentabilidade do planeta.

Queres marisco sostible? Apetécenche algas ecolóxicas?

Mariscadores da OPP20 de A Illa de Arousa recollen o mellor produto para ti.

Marisco e algas de A Illa, sostibles e ecolóxicos.

Certificados por PESCAENVERDE e CRAEGA.

Iniciativa cofinanciada pola Xunta de Galicia e o FEMP

A iniciativa terá un oco no programa Estache Bo do próximo 22 de decembro, e agárdase repercusión en medios de comunicación así coma nas redes sociais, para que este Nadal o Marisco e as Algas de A Illa estean presentes nas mesas dos fogares galegos incentivando un consumo respectuoso e responsable co medio ambiente.

Esta iniciativa está enmarcada no Plan de Produción e Comercialización 2021 da OPP20, cofinanciado pola Xunta de Galicia e o FEMP.