- A iniciativa impulsada pola Organización de Produtores da Illa de Arousa, OPP20, consegue xa 4 entidades colaboradoras e ten varias máis para chegar a acordo a en 2025.
- 2 conserveiras, 1 depuradora e 1 comercializadora, as primeiras en apostar polo marisco da Illa de Arousa.
- Esta iniciativa é unha das medidas do Plan de Produción e Comercialización da OPP20 para o ano 2024, que persegue a mellora da comercialización do seu marisco.
Dende que se lanzou o selo Marisco de A Illa, conseguindo o seu rexistro a nivel europeo en 2022, todas as persoas que contactan coa OPP20 a través das súas RRSS preguntan onde poden mercar marisco procedente da súa actividade marisqueira.
Esta foi a raíz que propiciou comezar en 2023 a traballar nesta iniciativa, que conseguiu en 2024 firmar 4 convenios de colaboración para que o produto chegue etiquetado ata o consumidor ou consumidora final.
A primeira entidade en sumarse foi Roi&Co, unha sociedade que fabrica conservas gourmet e que ten a súa sede na Illa de Arousa. A partir de 2025 conta con poder ter produto etiquetado co selo Marisco de A Illa.

A segunda foi a conserveira Dardo, cunha ampla historia e tradición, vencellada á Illa de Arousa pese a ter agora mesmo a súa fábrica en Vilanova de Arousa. Tamén agardan a partir de 2025 poder envasar conservas coa marca.

A terceira entidade foi a depuradora e comercializadora Mariscos Natalia, afincada na Illa de Arousa e con ampla experiencia cos produtos da OPP20, xa comezou o etiquetado coa marca en 2024.

E rematamos o ano firmando con Mariscos Illamar Galicia, comercializadora que prové a varios establecementos hostaleiros e que comezará a utilizar a nosa marca a partir de 2025.

Son varias as entidades contactadas ao longo de 2024, e agárdase que os froitos deses contactos sigan en 2025. Ademais, o seguinte paso sería implicar á hostalería local na utilización tamén deste selo que garantiza orixe e calidade. A web de Marisco de A Illa xa conta cun apartado para que o consumidor saiba onde pode adquirir o produto da OPP20: https://mariscodeailla.com/colaboracions
Comentarios recentes