+0034 986 551 107 / fax 986 527 291 cofradia.illadearousa@gmail.com

A OPP20 crea a marca MARISCO DE A ILLA para a mellora da comercialización dos seus produtos en lonxa e para a realización de accións de promoción para aumentar o seu consumo.

A diferenciación do produto de a Illa no mercado asociado a un selo identificativo, permitirá á OPP20 poñer en valor bivalvos e crustáceos extraídos polos seus produtores e produtoras. 

Na web da marca poderás atopar toda a información asociada a esta iniciativa así como as accións de promoción dos produtos da marca.

Estade atentos e atentas ás nosas novas!

Acción enmarcada no PPeC 2021 da OPP20, cofinanciado polo FEMP e pola Xunta de Galicia