O 12 e 13 de setembro chega a IV Edición de #OMarEnTapas
#OMarEnTapas é un percorrido pola Illa de Arousa para degustar Marisco de A Illa preparado nos mellores establecementos gastronómicos do lugar.
Nesta IV Edición, que se celebrará de novo durante 2 días consecutivos, o 12 e 13 de setembro, volves ter unha cita coa tradición e a calidade. A OPP20 comparte contigo o seu segredo mellor gardado e ofréceche a ameixa rubia máis saudable xunto ás algas máis selectas en tapas cun sabor que inundará os teus sentidos.
Marisco de A Illa é un pracer, atréveste desfrutalo?
CONCURSO
ATENCIÓN PORQUE HAI UN CONCURSO PARA QUE GAÑE QUEN MÁIS TAPEE!! EN CADA LOCAL PUNTÚA A TAPA QUE DEGUSTES, DEPOSITA O VOTO NA URNA DISPOÑIBLE E CONSIGUE 2KG DE MARISCO DE A ILLA!!
A TAPA QUE MELLOR PUNTUACIÓN CONSIGA SERÁ A GAÑADORA DESTA IV EDICIÓN, E O LOCAL SERÁ GALARDOADO CO DIPLOMA “A MELLOR TAPA DE #OMarEnTapas”.
Bar O Porto
Marea verde con ameixas
Restaurante-Bar López
Ameixas sobre leito de wakame con salsa vermella