O SEGREDO DO BO GASTRÓNOMO

Campaña de Promoción 2022

O Marisco de A Illa forma parte da tradición gastronómica da nosa terra.

Toda persoa que nos visita e proba este delicioso manxar non é quen de esquecer esa pracenteira experiencia…, e quere volver.

Volve! Este ano, o alumnado das mellores escolas de hostalería de Galicia innovarán con Marisco de A Illa nas súas aulas de cociña e sorprenderannos con sabores nunca imaxinados que formarán parte dos nosos recordos para sempre.

Pero coidado, porque só serán quen de logralo aquelas persoas que sexan quen de descifrar o segredo mellor gardado: o punto exacto de conxunción entre tradición e innovación. 

Se eres unha escola de hostalería e queres participar na nosa campaña de promoción, consulta as bases do concurso e escríbenos a mariscodeailla@opp20.com.

Promoción enmarcada no PPeC 2022 da OPP20.