Tras a creación da marca “Marisco de A Illa” a OPP20 comezou a traballar na promoción da marca para dar a coñecer ao consumidor as vantaxes do consumo do marisco de A Illa. 

Para comezar a campaña de promoción “O Pracer na Túa Boca!”, enmarcada dentro do PPeC 2021 da OPP20, a organización de produtores realizou a grabación dun spot publicitario para dar a coñecer a marca e de varias recetas da man do chef Adrián Albino do restaurante “Niño corvo”.

 

Dende o 25 de xullo ata o 13 de agosto o spot é emitido na TVG mentres que no caso das recetas estas están dispoñibles na páxina web da marca e a través das súas redes sociais.

Ademais, un dos grandes hitos da campaña “O Pracer Na Túa Boca!” é o acto de presentación que terá lugar o vindeiro 13 de agosto nas proximidades do Concello de A Illa de Arousa na cal darase a coñecer a marca “Marisco de A Illa”, creada para mellorar a comercialización do produto marisqueiro da OPP20, e a promoción do seu consumo.

O acto de presentación contará coa presenza da conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Dna. Rosa Quintana, o alcalde de A Illa de Arousa, D. Carlos Iglesias, e o deputado da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Manuel González, quen serán os encargados da inauguración xunto con D. Juan José Rial, presidente da OPP20.

Tras a presentación da marca e da campaña de promoción por parte do presidente da OPP20, os asistentes poderán desfrutar da degustación das receitas que forman parte de “O Pracer Na Túa Boca!” da man do cociñeiro do restaurante Niño Corvo, Adrián Albino. 

Para poder asistir ao acto de presentación é preciso rexistrarse a través do enlace, esperámoste!