Tras a creación da marca “Marisco de A Ill” a OPP20 comezou a traballar na promoción da marca para dar a coñecer ao consumidor as vantaxes do consumo do marisco de A Illa. 

Como parte da campaña de promoción, enmarcada dentro do PPeC 2021 da OPP20, a organización de produtores comezou coa grabación dun spot publicitario para dar a coñecer a marca e de varias recetas da man do chef Adrián Albino do restaurante “Niño corvo”.

 

As recetas serán publicadas a través das redes sociais da marca e da OPP20 e contarán con dous grandes protagonistas, o marisco e as algas de A Illa.